Obaya y Lloreda, Julián
Notas de Julián Obaya para unha velada literaria celebrada no Casino de Santiago sobre o tema `A muller` e a defensa do recoñecemento da figura femenina e a necesidade da educación das mulleres polo ben da propia sociedade.
Apuntamentos para a Acta dunha Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 4 de novembro de 1882, dado o contido das notas e a Acta.
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 4 de novembro de 1882, na que tivo lugar a renovación da Mesa. Retómase a actividade tras máis dun ano de interrupción recordando que o fin destes encontros é a popularización dos coñecementos humanos, apelando para iso á participación de mulleres e homes, e recordando as normas e a importancia do decoro. A velada continuou con diversas lecturas e actuacións musicais
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 18 de novembro de 1882, que contou con diversas lecturas, entre elas dúas de Alfredo Brañas, e actuacións musicais na primeira parte da velada, e logo un debate sobre un tema proposto `La mujer`, a súa formación e a súa función e presenza nas artes e na historia.